Romance Da Bela Rosa Letra |
Artista: SES
Letra de canción de música |
Romance Da Bela Rosa letra de SES lyrics
Unha vez houbo unha flor |
que só ulía certa xente |
no xardín dun gran demente |
con máis poder que razón |
A rosa leda medrou |
medrou soa e sen axuda |
era forte coma a ruda |
contra o frío e o calor |
Saiu o sol e corou |
o seu vermello impoñente |
tanto que ao amo e a outras xentes |
molestou o seu primor |
No canto de con amor |
ollábana con vaidade |
e ante a fermosa humildade |
respostaron con temor |
Moitas flores do redor |
de xardíns de alleas terras |
aplaudiron moi contentas |
cando o amo a recortou |
A planta quedou sen flor |
pero aínda resistía |
porque a raíz se nutría |
da terra que a enxendrou |
A terra considerou |
que o seu froito era inocente |
que fora nobre e valente |
e dela se preocupou |
A auga axiña chegou |
e o resto de compañeiras |
acudíronlle lixeiras |
e calmaron a súa dor |
Certo día aquel señor |
foi abalar a maceira |
e reparou na roseira |
que cortara con rancor |
Mil rosas con esplendor |
recendían maxestuosas |
cunhas espiñas máis grosas |
que as tesouras do señor |
Comprendiu o amo entón |
o seu crime despiadado |
caiu ao chan apenado |
e pola rosa chorou |
Aquela primeira flor |
só no recordo latexa |
pero se a raíz é rexa |
a planta non morre, non |
Traducción:
- -
![]() | Romance Da Bela Rosa Video |
Enviar Letras
Puedes comprar y escuchar en Amazon e Itunes en: SES Lyrics- Guitarra acustica