Torre de Almansí Letra |
Artista: SES
Letra de canción de música |
Torre de Almansí letra de SES lyrics
Se mañá espertas nunha torre de almasí |
abres a xanela e ves o mar |
non teñas presa por escapar |
durme o soño feito para ti |
Bebe neses bares en que non ousan entrar |
almas coa presenza do marfín |
corpos que nunca dixeron si |
mentes que tolean por sanar |
O temerario non é catar |
o triste é non vivir |
o heroismo non é secundar |
é resistir |
o gris é un colchón pra descansar |
máis sempre é gris |
e no contraste non te perdes |
na néboa si |
Se o auditorio non aplaude ao teu favor |
e as enquisas todas pintan mal |
non teñas presa por asinar |
pactos para a sodomización |
Apostar mellor pola franqueza do anormal |
invertir en carnes de canón |
non mover a boca na oración |
darlle comandancia ao asocial |
O suicida non é cuestionar |
é asentir |
nada máis deshonroso que acatar |
nin máis ruín |
O gris é un colchón pra descansar |
máis sempre é gris |
e no contraste non te perdes |
na néboa si |
Traducción:
- -
![]() | Torre de Almansí Video |
Enviar Letras
Puedes comprar y escuchar en Amazon e Itunes en: SES Lyrics- Guitarra acustica